Grupo de Análise e Modelización Económica

Establecido en 2002, como grupo de investigación multidisciplinar, forma parte do Instituto Universitario Galego de Estudos e Desenvolvemento (IDEGA). A maioría dos membros do GAME proceden da Facultade de Economía. O grupo tamén inclúe historiadores, sociólogos, matemáticos, enxeñeiros e estatísticos. O obxectivo da investigación de GAME é desenvolver e aplicar modelos para comprender o mundo económico no que vivimos. O grupo ten unha clara vocación pola multidisciplinariedade, a formación e a internacionalización.

Principais liñas de investigación:

(1) ANÁLISE MICRO E MACROECONÓMICA DO MERCADO LABORAL, CONSUMO E AFORRO (Economía laboral; Economía da Saúde, Planificación de servizos sanitarios socio-sanitarios e análise da situación financeira dos fogares)

(2) MODELOS ECONÓMICOS REXIONAIS (Análise sectorial e economía turística, modelos I-O demográficos e económicos; Métodos de actualización e rexionalización de matrices e distribución rexional e distribución de ingresos).

Na actualidade, GAME coordina tres proxectos de investigación internacionais (NUTRIAGE, programa INTERREG, Repensando a financiación para a estabilidade e o Desarrollo VII, Marco e A Knowledge Alliance for Blockchain no Programa Erausmus Academic).

O GAME coordina dende a súa aprobación o PD Desenvolvemento Rexional e Integración Económica cun importante éxito que ven confirmado pola elevada demanda (todos os anos cóbrense as 10 prazas ofertadas cunha numerosa lista de agarda) e polas 19 teses de doutoramento defendidas dende 2013 (6 con mención internacional). Tanto a investigación como a formación teñen unha clara vocación internacional coa presencia de doutorandos de sete nacionalidades (que suman mais de 20 estudantes en formación), a participación en proxectos internacionais e a colaboración con centros de investigación internacionais pertencentes a Francia, Italia, Portugal e Colombia

(Visited 4,130 times, 8 visits today)