II Summer School do GAME
O Grupo de Análise e Modelización Económica (GAME) da USC organiza a II Summer School en Economía entre os días 25 e 29 de xuño, na facultade de Administración e Dirección de Empresas de Lugo, coa colaboración da propia Facultade e as Vicerreitorías de Internacionalización, de Coordinación do Campus de Lugo e de Servizos Universitarios do Campus de Lugo. Trátase de dous cursos cunha orientación fundamentalmente práctica:
– Introdución á análise econométrico dos datos de panel en Eviews: neste curso os alumnos aplicarán os principais modelos econométricos de datos de panel a exemplos concretos, empregando un dos paquetes econométricos máis estendidos, o Eviews. Os contidos inclúen modelos de efectos fixos, modelos de efectos aleatorios, paneis dinámicos, paneis heteroxéneos, raíces unitarias de panel, cointegración de panel, etc.
– Introdución á econometría espacial en R: neste curso preséntanse os principais conceptos da econometría espacial, e a súa aplicación práctica na contorna de R. A econometría espacial está a configurarse como unha das ramas da análise económica aplicado con maior grao de desenvolvemento nos últimos tempos. Os alumnos aprenderán a aplicar diferentes modelos a situacións concretas.
Cada un dos cursos ten unha duración de 20 horas, podendo cursarse simultaneamente.
O custo para alumnos de doutoramento/máster é de 150 Euros por un curso e de 250 Euros polos dous.
O prezo inclúe (ademais do material do curso e pausas café diarias) ALOXAMENTO GRATUÍTO na Residencia Universitaria Bal e Gai de Lugo (prazas limitadas asignadas por rigorosa orde de solicitude).
Para calquera dúbida pode consultarse a web do curso (http://www.usc.es/gl/congresos/gameschool/index.html)