Liñas de investigación

O GAME, dende unha perspectiva multidisciplinar e global, desenvolve a súa investigación en dúas liñas principais:

ANÁLISE MICRO E MACROECONÓMICA DO CAMBIO DEMOGRÁFICO: MERCADO DE TRABALLO E DECISIÓNS AFORRO-CONSUMO

Consecuencias micro e macroeconómicas directa e indirectamente provocadas polo funcionamento do mercado de traballo e a relación das variables macroeconómicas (consumo, inversión e demanda exterior) con eses resultados. En especial, a análise do grupo nos últimos anos céntrase nas consecuencias que o cambio demográfico ten sobre o mercado laboral e sobre as decisións de aforro-consumo da poboación.

  • Fundamentos da oferta de traballo (participación, capital humano, saúde)
  • Discriminación laboral e calidade do emprego
  • Análise do desemprego
  • Demanda agregada e mercado de traballo (consumo, inversión, sector exterior)
  • Produtividade e desigualdade: a participación das rendas do traballo.

MODELOS DE AVALIACIÓN E PLANIFICACIÓN ECONÓMICA REXIONAL

Análise teórica e aplicada do desenvolvemento local (crecemento, localización-deslocalización, desequilibrios rexionais) e utilización de ferramentas para a avaliación ex-ante e ex-post (nas súas diferentes versións) de distintas opcións concretas de desenvolvemento local e sectorial

  • A avaliación e a análise de políticas económicas.
  • Modelos de crecemento rexional e integración económica.
  • A distribución espacial das actividades económicas.
  • Modelos e ferramentas para a avaliación e planificación de servizos socio-sanitarios.
  •  Modelos de avaliación de impacto económico.
(Visited 394 times, 1 visits today)